Unha persoa faleceu e tres resultaron feridas, entre elas un bebé, ó chocar de xeito frontal dous vehículos no termo municipal de Arteixo (A Coruña).
O accidente tivo lugar sobre as 09.45 horas na estrada de Arteixo a Uxes á altura do polígono de Morás, segundo os datos facilitados polo 112. Foron mobilizados o 061, que desprazou dúas ambulancias asistenciais, unha medicalizada e un médico; os Bombeiros de Arteixo, que acudiron con catro efectivos, dous vehículos e un equipo de excarceración; Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Os Bombeiros de Arteixo explicaron que nun dos vehículos ía unha muller que resultou ferida; e no outro unha parella e un bebé na súa cadeira.
Segundo confirmaron, faleceu o home que ía no segundo coche. Fontes sanitarias indicaron que o bebé foi evacuado en ambulancia asistencial ó Hospital Materno-Infantil da Coruña; unha das mulleres foi trasladada en ambulancia medicalizada e a outra en asistencial ó complexo hospitalario coruñés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario